Posts Tagged ‘conferencias’

Conferencias

Monday, August 31st, 2009

AURORA MARCO

Rescatará figuras femininas do ámbito galego, anónimas e pioneiras de finais do século XIX até a Guerra Civil.

Profesora de Didáctica da Língua e de Literatura Galega na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago. É autora do Diccionario de mulleres galegas. Das orixes a 1975 (2007) , Mulleres e educación en Galiza. Vidas de mestras (2002) ou As precursoras. Achegas para o estudo da escrita feminina (1993).

ROSA COBO

Analizará e explicará  as diversas correntes feministas  desenvolvidas na segunda metade do século XX: diferenza, igualdade, construccionismo…

Profesora na Facultade de Socioloxía de A Coruña, onde foi unha das fundadoras do Seminario Interdisciplinar de Estudos Feministas. Foi codirectora do Máster Experta en Xénero e Políticas de Igualdade. Ten escrito abundantes artigos sobre xénero e actualmente investiga sobre feminismos, multiculturalidade e globalización.

BEATRIZ PRECIADO

Falará do réxime farmacopornográfico: a tiranía da produción de corpos, xéneros e sexualidades a partir das hormonas e da pornografía.

Activista queer, filósofa e profesora de Teoría do Xénero en diferentes universidades estatais e internacionais, como a Universidade de París VIII, L’ Ecole des Beaux Arts de Bourges. Dirixe o departamento de xénero no Programa de Estudios Independentes do MACBA. É autora de Manifiesto Contra-sexual (2000), Testo Yonqui (2008)  e outros ensaios sobre o tema.