Archive for the ‘información’

Primeiras imaxes do Contenedor de feminismos

Thursday, September 10th, 2009

Contenedor de feminismos:
Imaxes do martes 1 de setembro:
- montaxe do Contenedor
- conversando coas mulleres feministas dos oitenta para recuperar a historia das primeiras convocatorias da celebración do Orgullo Gai en Galicia
contenedorn na corunña

escribindo

fancine

interior

recollendonacorunha

imaxes contenedor sábado 5 setembro:

05_1

05_2

05_3

05_4

maribingo!!!!!!! Joves 10 setembro casa museo Emilia Pardo Bazán r/ tabernas 11

Tuesday, September 8th, 2009

O maribingo forma parte  do programa das xornadas Contra vento e marea. Verbas e pegadas dos feminismos organizadas pola Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. Serán conferencias, debates, actuacións teatrais, danza e intervencións artísticas durante os xoves e venres das tres primeiras semanas de setembro.

http://maribolheras.blog.com/

Programación do xoves 10 e venres 11

Tuesday, September 8th, 2009

xoves 10 de setembro

PIONEIRAS E ANÓNIMAS

(Auditorio Real Academia Galega)

17h- Relatorio: Emilia Pardo Bazán e Rosalía de Castro
MARÍA JESÚS BUSTO FARIÑA e CARMEN BLANCO

19h- Mesa redonda: Traballadoras do fogar
XIARA, ACSUR, CENTRO ATENCIÓN HOGAR-CÁRITAS, NOMEPISESOFREGHAO

21h- maribingo por MARIBOLHERAS PRECÀRIAS

venres 11 de setembro

FEMINISMO(S)

(Auditorio Real Academia Galega)

17h- Conferencia: Tendencias dos feminismos no século XX:
ROSA COBO

19h- Relatorio:Revistas feministas galegas:
Festa da palabra silenciada (MARÍA XOSÉ QUEIZÁN)
e Andaina (NANINA SANTOS)

21h- Inauguración intervención artística:
MÓNICA CABO: Xogo de damas. Espazos de recreación

(Muralla Hospital Militar- Fundación Luis Seoane, Paseo Marítimo)

folletoarte2

A Casa Museo Emilia Pardo Bazán acolle as Xornadas ‘Contra Vento e Marea. Verbas e pegadas dos feminismos’

Tuesday, September 1st, 2009

imagen-3631

A CONCELLEIRA MARGARIDA VÁZQUEZ QU PRESENTOU O PROGRAMA CO QUE SE PROPÓN UNA ACHEGAMENTO ÁS CUESTIÓNS DEXÉNERO A TRAVÉS DE DOUS BLOQUES TEMÁTICOS PIONEIRAS E ANÓNIMAS E FEMINISMO (S)
NAS XORNADAS FARASE UN PERCORRIDO DESDE AS PRIMEIRAS LOITAS FEMINISTAS DO SÉCULO XIX ATA A ACTUALIDADE, CON ESPECIAL FINCAPÉ NO ÁMBITO GALEGO, TENTANDO AMOSAR UNHA PANORÁMICA AMPLA E PLURAL
A PRIMEIRA DAS XORNADAS TERÁ LUGAR MAÑÁ 3 DE SETEMBRO COA PRESENTACIÓN DO LIBRO ‘O CLUB DA CALCETA’ DE MARÍA REIMÓNDEZ E UNHA SESIÓN DE MONÓLOGOS A CARGO DO GRUPO TEATRO DO MORCEGO

A Coruña, 1 de setembro de 2009.- A Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, presentou esta mañá as Xornadas ‘Contra Vento e Marea. Verbas e pegadas dos feminismos’, una serie de conferencias, debate, teatro, danza e diversas intervencións artísticas que se desenrrolarán os días 3,4,10,11, 17 e 18 de setembro, organizadas pola Casa-Museo Emilia Pardo Bazán e financiadas pola Concellaría e a Deputación da Coruña

O lema “Contra vento e marea” fora elixido por Emilia Pardo Bazán para reivindicar o seu compromiso co traballo intelectual tendo en conta as evidentes  trabas da época. Interésanos poñer en valor o legado da Condesa na actualidade, unha figura recoñecida pola súa defensa na debatida cuestión da educación das mulleres. Así, nestas xornadas esperamos manter esta mesma pulsión de liberdade, recollendo a testemuña do espírito aberto e transgresor da primeira muller catedrática  da Universidade  española.

Por isto a Concelleira Margarida Vázquez propón un achegamento ás cuestións de xénero a través de dous bloques temáticos, pioneiras e anónimas e feminismo(s), facendo un percorrido desde as primeiras loitas feministas do século XIX ata a actualidade, con especial fincapé no ámbito galego, tentando amosar unha panorámica ampla e plural (teoría, activismo, literatura, arte) por medio de conferencias, debates, teatro, danza e intervencións  artísticas  na rúa.

As xornadas contan coa dirección e coordinación de Xulia Santiso e Anxela Caramés, serán gratuítas e de acceso libre. Expedirase 1 crédito académico de libre configuración, que estase a tramitar coa Universidade de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Para obter o certificado de asistencia haberá que inscribirse indicando os datos persoais (nome, apelidos, tlf, e-mail) á Casa-Museo Emilia Pardo Bazán (rúa Tabernas, 11, 1º) por teléfono (981 20 73 08) ou correo electrónico (casamuseopardobazan@gmail.com). http://casamuseopardobazan.blog.com/

Este Xoves comezan as Xornadas coa Tertulia da Casa-Museo

Monday, August 31st, 2009

xoves

Este xoves arrancan as xornadas Contra Vento e Marea, Verbas e Pegadas dos feminismos, coincidindo coa Tertulia dos xoves que se veñen realizando na Sala de Tertulias da Casa-Museo Pardo Bazán.O primeiro xoves de cada mes, a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán quere actualizar a esencia das VELADAS LITERARIAS doutra época .Este Xoves, 3 de setembro, contaremos coa presenza de María Reimóndez, autora do libro “O club da Calceta”.
Máis tarde Elina Luaces e Laura Ponte interpretarán os seus monólogos adaptados por Teatro do Morcego .

Casa-Museo Emilia Pardo Bazán
Rúa Tabernas, 11. 15001. A Coruña
Tel. 981207308 17:00h Entrada libre.

Programa Xornadas Contra Vento e Marea

Monday, August 31st, 2009

xoves 3 setembro venres 4 setembro
17 h: tertulia dos xoves: presentación do libro O club da calceta de María Reimóndez
19.30h: monólogos de O club da calceta, Teatro do Morcego 21.00h: A cita, Experimentadanza-teatro (estreo)

xoves 10 setembro venres 11 setembro
Pioneiras e anónimas Feminismo (s)

17. 30 h: Relatorio: Emilia e Rosalía:

María Jesús Busto Fariña e Carmen Blanco

17h: Conferencia: Feminismos: Diferenza e igualdade

Rosa Cobo

19h: Mesa redonda: Traballadoras do fogar: Xiara, ACSUR, Centro Atención Hogar-Cáritas, Nomepisesofreghao 19h: Relatorio: Revistas feministas galegas: Andaina (Nanina Santos)
e
Festa da palabra silenciada (María Xosé Queizán)
21:00h: Maribingo, Maribolheras Precàrias 21:00 h: inauguración intervención artística: Xogo de damas, Mónica Cabo (en muralla debaixo Fundación Luis Seaone)

xoves 17 setembro venres 18 setembro
Pioneiras e anónimas Feminismo (s)
17h: Conferencia: Pioneiras e anónimas: Aurora Marco 17h: Conferencia: Réxime farmacopornográfico:
Beatriz Preciado
19 h: Mesa redonda: Contenedor de feminismos/O peche de Odosa (As loitas das conserveiras na Comarca do Salnés): Loli Romero Lores, Carme Ferro, Mar Suárez, Mari Luz García Vigo, Uqui Permui e Carme Nogueira

19h: Relatorio: dentidades de xénero e sexualidades non hetero-normativas:

Beatriz Suárez Briones e

Rubem Centeno Paradela

21h: inauguración/peche intervención artística:Contenedor de feminismos, Carme  Nogueira 21.00 h: espectáculo teatral-musical: Os dildos (Making-off de xénero) por Chévere

xoves 3 de setembro

TERTULIA DOS XOVES

(sala de tertulias da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán)

17.00h- Presentación do libro O club da calceta de MARÍA REIMÓNDEZ

19.00h- Monólogos O club da calceta por TEATRO DO MORCEGO

venres 4 de setembro

21.00h- A cita por EXPERIMENTA DANZA-TEATRO

(Paraninfo da Universidade)

xoves 10 de setembro

PIONEIRAS E ANÓNIMAS

(Auditorio Real Academia Galega)

17.00h- Relatorio: Emilia Pardo Bazán e Rosalía de Castro

MARÍA JESÚS BUSTO FARIÑA  e CARMEN BLANCO

19.00h- Mesa redonda: Traballadoras do fogar

XIARA, ACSUR, CENTRO ATENCIÓN HOGAR-CÁRITAS, NOMEPISESOFREGHAO

21.00h- maribingo por MARIBOLHERAS PRECÀRIAS

venres 11 de setembro

FEMINISMO(S)

(Auditorio Real Academia Galega)

17.00h- Conferencia: Tendencias dos feminismos no século XX:

ROSA COBO

19.00h- Relatorio:Revistas feministas galegas:

Festa da palabra silenciada (MARÍA XOSÉ QUEIZÁN)

e Andaina (NANINA SANTOS)

21.00h- Inauguración intervención artística:

MÓNICA CABO: Xogo de damas. Espazos de recreación

(Muralla Hospital Militar- Fundación Luis Seoane, Paseo Marítimo)

xoves 17 de setembro

PIONEIRAS E ANÓNIMAS

(Auditorio Real Academia Galega)

17.00h-Conferencia: Apuntes sobre as orixes das reivindicacións das mulleres e as anónimas galegas:

AURORA MARCO

19.00h- Mesa redonda: Contenedor de feminismos/ O peche de Odosa

(As loitas das mulleres da Conserva na Comarca do Salnés durante os anos oitenta)

LOLI ROMERO LORES, CARME FERRO, MAR SUÁREZ, MARI LUZ GARCÍA VIGO, UQUI PERMUI, CARME NOGUEIRA

21.00h- Inauguración-peche intervención artística:

CARME NOGUEIRA: Contenedor de feminismos

(Obelisco, Cantóns)

venres 18 de setembro

FEMINISMO(S)

(Auditorio Real Academia Galega)

17.00h- Conferencia: Réxime farmacopornográfico

BEATRIZ PRECIADO

19.00h- Relatorio: Identidade de xénero e sexualidades non heteronormativas

BEATRIZ SUÁREZ BRIONES e  RUBEM CENTENO PARADELA

21.00h- Espectáculo teatral e musical:

Os dildos (Making-off de xénero) por CHÉVERE

Cartaz

Monday, August 31st, 2009

cartaza3

Intervencións artísticas

Monday, August 31st, 2009

MÓNICA CABO

Xogo de damas. Construción de espazos de recreación

Posiciónase dende o activismo queer para subverter os roles de xénero tradicionais, amosando corpos e prácticas sexuais alonxadas de calquera tipo de normativización social.

“Quería que a área elixida do espazo público, ao ser intervida polos efectos da experiencia lúdica do patchwork, puidera converterse nun novo lugar de ocio para os cidadáns. Non sería tanto invadir a rúa a través de prácticas do ámbito privado como crear un lugar que aluda á memoria colectiva, recuperando de materiais de construción dos nosos fogares, como é o sintasol”

CARME NOGUEIRA

Contenedor de feminismos

Interésase polas obras en proceso e contextuais, xerando instalacións nas que as reflexións críticas sobre o espazo, as discusións de xénero e o papel do espectador convértense en fundamentais.

“Quería visibilizar a proposta de Uqui Permui e Anxela Caramés -Sen consigna. Contenedor de feminismos- de retomar o arquivo feminista de Galicia, polo que propuxen un dispositivo móbil para poder exhibir o material que se vaia recopilando. Penseino como un contenedor que permite reflexionar sobre o feito de arquivar e facilite falar do lugar que hai entre o público e o privado, para poder recuperar ás persoas que están detrás dos procesos colectivos”

Relatorios

Monday, August 31st, 2009

MARÍA JESÚS FARIÑA BUSTO

Presentará  a figura de Emilia Pardo Bazán desde o feminismo. Profesora de Literatura Española na Universidade de Vigo. A súa investigación está centrada na obra de escritoras, fundamentalmente hispanoamericanas -como Cristina Peri Rossi- desde unha perspectiva teórica feminista. Ten publicado diversos artigos sobre estas cuestións; é coeditora de Escribir en femenino: poéticas y políticas (2001).

CARMEN BLANCO

Falará  de Rosalía de Castro desde unha óptica feminista. Profesora de Literatura Galega na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo (USC). Participou activamente no movemento feminista galego desde os anos setenta. Escribiu numerosos libros sobre cuestións referidas á escrita de mulleres ou a relación do xénero co poder, coma 0 contradiscurso das mulleres (1995) ou Sexo e lugar (2006).

A FESTA DA PALABRA SILENCIADA

Revista de cultura, producida por Feministas Independentes Galegas e dirixida por MARÍA XOSÉ QUEIZÁN, que sae á luz no ano 1983 co propósito de sacar da escuridade a escrita feminina e as teorías feministas vixentes nese momento. Ata o ano 1998 foi elaborada integramente por mulleres, desde o deseño e maquetación, a realización, as colaboracións e o material gráfico.

ANDAINA

Revista de pensamento feminista xurdida no ano 1983 que funciona de xeito asambleario, tendo como editora xefa a NANINA SANTOS. Estivo vencellada desde o principio  ao Movemento Feminista Galego. Trata temas variados:  socioloxía, política ecoloxismo, arte, literatura…

BEATRIZ SUÁREZ BRIONES

Falará da teoría  queer e a sexualidade en relación á literatura.

É profesora de Teoría da Literatura na Universidade de Vigo. Investiga arredor das interseccións entre a teoría feminista coa sexualidade, o pensamento queer, a psicanálise e a literatura de mulleres. É autora de Sextualidades: Teorías literarias feministas (2003), é coeditora de Escribir en femernino: poéticas y políticas (2001), de Mujer, adulterio y cine (2003) e da sección dedicada á escrita de mulleres na Galiza en Breve historia feminista de la literatura española (2001).

RUBEM  CENTENO PARADELA

Falará da revisión das masculinidades,  facendo unha revisión do movemento gai.

Sociólogo e activista do colectivo activista queer Maribolheras Precàrias de A Coruña, integrantes da rede internacional polo “Descontrol de xénero e sexual”. Teñen desenvolto numerosas campañas e accións en torno a problemáticas de xénero, sexualidade, migración e precariedade laboral. Organizaron as primeiras manifestacións queer, -como alternativa ao institucionalizado Día do Orgullo Gai, na Galiza. Editan a revista As + perralheiras.

Artes escénicas

Monday, August 31st, 2009

TEATRO DO MORCEGO

O club da calceta

Dous monólogos da adaptación teatral da novela de María Reimóndez O club da calceta, dirixida por Celso Parada, representados polas actrices Elina Luaces (a beata) e Laura Ponte (a intelectual). Na obra seis mulleres moi diferentes entre si acuden a clases de calceta, un lugar tradicionalmente feminino que non obstante lles serve para unirse debido á converxencia das súas frustacións, tomando así conciencia da súa situación persoal e atopando as forzas para poder superala.

EXPERIMENTADANZA-TEATRO

A Cita

¿Que ocorre na cabeza e no corpo dunha muller cando perde a dignidade?

Cando o tempo de desexo convértese en tempo de medo.

Cando o fogar é unha prisión e a parella un verdugo.

Do amor á incomprensión, do bico interminabel ao maltrato físico, do respecto á máis absoluta crueldade. Por que?

Mais existe a esperanza, cando nos intentan encarcerar e somos quen de facer brotar flores da terra seca e as nosas alas axúdannos a voar.

Texto: Xoan Carlos Mejuto

Coreografía: Carlota Fraga

CHÉVERE

Os dildos (Making-off de xénero)

Espectáculo que consta de dúas partes: por un lado, unha charla para-teatral sobre a construción e a deconstrución dos xéneros (partindo de Beatriz Preciado e da experiencia das actrices Patricia de Lorenzo e Natalia Outeiro durante os ensaios da obra Testosterona e a realización do obradoiro drag-king Ser home por un día, realizado coa colaboración da maquilladora Fanny Bello), e, por outra parte, o concerto punk-rock de Os Dildos, con letras inspiradas no “Manifesto Scum” de  Valerie Solanas.

MARIBOLHERAS PRECÀRIAS

Maribingo

Recuperación dos tradicionais bingos nos que as mulleres de xerazóns anteriores atopaban un lugar onde poder reunirs e e falar  das súas cousas, superando o ámbito do doméstico e equiprándose ás actividades de tipo social dos homes. Reiventan este formato engandíndolle contido crítico respecto ao xénero, sen esquecer o compoñente lúdico da festa, na liña  das súas accións e producións.