O Día Internacional dos Museos, organizamos, na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán xunto co resto das Casas-Museo de A Coruña ( María Pita, Casares Quiroga e Casa Picasso) unha ginkana.
As persoas participantes tiveron a oportunidade de perderse pola cidade da coruña en busca de respostas.
Con un tríptico que se podía recoller en calquera das Casas-Museo, os participantes deberían de encontrar as pistas para atopar unha frase chave.
Era imprescindible pasar por todas as casas onde se debían de recoller os elementos necesarios para elaborar unha chapa personalizada na última parte do traxecto.
Ademais disto leváronse a cabo outras actividades; ás 21:00 contamos coa presenza de Celso Fernández Sanmartín , ás 22:00 a fundación Alexandre Bóveda representou dúas obras de teatro e xa para rematar a noite contamos ás 23:00 coa música dun coñecido Dj.
Con un tríptico que se podía recoller en calquera das Casas-Museo, os participantes deberían de encontrar as pistas para atopar unha frase chave.











